29 de octubre de 2008

Saída do 26 de outubro

Bonita ruta este domingo. Esta vez uníusenos a tropa enteira co Lencho a cabeza. Subimos ao Niño do Corvo por unha ladeira bastante empinada anque asequible. Tomámosme a merendiña no mirador para baixar "a lo loco" desde arriba. Enlazamos varias trialeiras ata chegar por riba de Loureza, por onde baixamos por un camiño. A volta foi moi variada porque fomos buscando pistas bonitas e divertidas.

Pincha para ver a ruta en detalle.

28 de octubre de 2008

Saída do 19 de outubro de 2008

Este domingo uníusenos o Manolo, e decidiu él a ruta. Primeiro fomos ata a Proba e ahí comezamos a subir. A ruta era por sendeiros estreitos e frondosos sen moita altitude. Chegado o momento comezamos a subir por camiños moi empinados ata a pista que sube á Valga. Xa na valga baixamos por unhas trialeiras ata chegar ao muiño do irmán do Apa para coller un cortafogos todo recto ata a carretera. A volta desde fornelos foi maioritariamente por carretera.

Pincha para ver a ruta en detalle.

20 de octubre de 2008

Saida do 12 de outubro de 2008

Salimos da Guarda e todavía en frio empezamos a subir desde Sete Camiños ata o monte Torroso. Desde o alto do Torroso xiramos hacia a costa e fixemos un recorrido moi panorámico ata o alto de San Vicente. Despois dunha paradiña para tomarlle unhas barriñas retomamos a subida hacia a Valga. Despois dunhas voltiñas polo alto da Valga baixamos ata os muiños do Folón en o Picón. A baixada acabou por camiños paralelos aos muiños do Picón e ao chegar abaixo de volta para casa.

Pincha aquí para ver en detalle a ruta.

Salida 24 de agosto de 2008

Salimos da Guarda e fomos hasta Pacenteo por pistas. En Pacenteo empeza a subida con moita paciencia ata a Valga. Despois dun recorrido polo alto da Valga baixamos todo de golpe para chegar ata Acebedo. En acebedo cruzamos o rio para volver por pistas rodeando o Tamuxe.

Pincha aquí para ver en detalle a ruta.