25 de febrero de 2009

Sáida do 22 de febreiro de 2009, entroido

Este domingo o grupo quedou algo reducido. As festas do entroido deixaron mermados a unha parte importante dos carneiros. Subimos ao monte Jose, Luis, Arturo e Sergio. Como éramos poucos e o día estaba propicio para andar polo monte decidimos ir ao Torroso a divertirnos. Toda a mañá buscando baixadas e trialeras. Subimos desde a Fecha ata o cumio do Torroso onde fixemos unhas fotos e comemos algo para recuperar forzas.

Botamos toda a mañá baixando trialeiras e facendo pequenos remontes para aproveitar outras trialeiras doutras zonas. O monte estaba moi seco e propicio para divertirse baixando. Durante as baixadas houbo de todo. Houbo algúns que tiveron que baixar bastantes tramos a pe, houbo algunha caída pero o que máis houbo foi moita diversión. Foi unha saída que houbesen disfrutado Apa, Xocas ou a Jose de Tui.

Tentarei por o track do GPS pero queda un pouco enmarañado con tanta subida e baixada polas mismas zonas do monte. Polo menos quedaron rexistradas as trialeras que collemos.