Onte domingo fomos a rodar pola zona do Niño do Corvo e acercámonos ata Loureza. O caso é que cando nos dispúñamos a grabar a baixada dun cacho dun cortafogos que non tiña moita dificultad cando apareceu un obxeto voador que adiantou a varios dos ciclistas a moi alta velocidade.
Podese observar no video como o obxeto de cor branca por embaixo e laranxa e negro por arriba adianta a unha velocidade pasmosa a Jose que xa iba a unha velocidade considerable.
Foi difícil ver o obxeto debido a alta velocidade coa que se movía.
Uns metros máis abaixo o obxeto fixo un ATERRIZAXE FORZOSO, seguramente debido ao agreste e empinado do terreo. Nese momento foi cando puidemos observalo con máis detenemento.
De feito, ata puidemos sacarlle unha foto. Pódese ver o estado no que acabou tralo aterrizaxe forzoso na seguinte foto, ainda que advertimos que dá bastante medo.
Foto do obxeto voador tralo aterrizaxe forzoso. ;-)