24 de noviembre de 2008

Fotos da saída do día de San Martiño.

Carneiros comendo chouriciño e bebendo viño tinto no muiño do irmán do Apa. Isto é o mellor da bicicleta.


O Carneiro Xocas rebentou o pedalier e o Carneiro Jose tivo que remolcalo ata casa.


Carneiro Jose remolcando ao Carneiro Xocas cunha corda. Está como un touro bravío jeje.


Carneiro Sergio, Carneiro Apa e Carneiro Luis ca ligua de fora despois da ruta.


Carneiro Apa enseñando o filete.


Carneiro Luis en pose desfile Vicotrias Secrets !!!

Saída do 16 de novembro, romería de San Martiño

A ruta do domingo 16 de novembro foi do máis divertida e variada. Coincidindo coa romería de San Martiño subimos ata esa zona na bicicleta. A subida foi pola pista de sempre pero esta vez tivemos compañía de multitude de xente que subía hacia a capela de San Martiño a pé, en coche, en quad etc.

Estivemos un ratiño pequeno na capela de San Martiño onde xa había bastante ambiente. Logo fomos ata o muiño do irmán do Apa, onde puidemos disfrutar din viñino tinto da zona, dunha llota con pán fresquiño e unhas lapas. Esta vez fixemos un descanso como ten que ser, nada de mueslis nin mariconadas desas.

Despois do merecido descanso e de comer e beber abundantemente (a botella de viño quedou vacía), retomamos a baixada. O máis complicado foi a baixada desde o mirador dos muiños do folón ata os do picón por un camiño todo cheo de pedras redondeadas e húmedas. Ainda así as caídas foron poucas. O resto do camiño transcurriu con normalidade se exceptuamos que esta vez algúns dos membros baixaban cantando e tarareando, seguramente causa da botelliña de viño que achicamos no monte. Xa no final o Xocas rebentou o eixo do pedalier e tivemos que empuxalo e remolcalo ata casa. Sen dúbida unha rutiña que hai que repetir en próximos anos.

Ver a ruta en detalle

10 de noviembre de 2008

Saída do 9 de outubro

A ruta do domingo pasado non a publiquei para que non teña ninguén a tentación repetila ao vela publicada...porque seguramente cando estivera no medio dos toxos acordaríase de toda a miña familia jeje.

Pero a deste domingo xa é outra cousa. Tocou sesión maratón con 38 kilómetros sen demasiados desniveles xa que éramos pouquiños (Jose, Jose L, Sergios, Luis e Xocas) e chovía.

Subimos ata o Niño do Corvo pola carreteira. Moi empinado pero sen moita complicación. De alí collemos un par de trialeiras e rodamos hacia Tomiño. Acabamos baixando ata chegar aos muiños que hai en Sanomedio (Vilachán, Tomiño). Aínda que algún estivo tentado de abandoar o grupo ;-) seguimos todos por Estás ata chegar ó río Miño. Voltamos todo pola orilla (con parada no forte de Goián incluida) ata chegar a casa. Como había presa tocou bastante asfalto e a toda velocidade.

Pincha aquí para ver a ruta en detalle