Mostrando entradas con la etiqueta Torroso. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Torroso. Mostrar todas las entradas

25 de febrero de 2009

Sáida do 22 de febreiro de 2009, entroido

Este domingo o grupo quedou algo reducido. As festas do entroido deixaron mermados a unha parte importante dos carneiros. Subimos ao monte Jose, Luis, Arturo e Sergio. Como éramos poucos e o día estaba propicio para andar polo monte decidimos ir ao Torroso a divertirnos. Toda a mañá buscando baixadas e trialeras. Subimos desde a Fecha ata o cumio do Torroso onde fixemos unhas fotos e comemos algo para recuperar forzas.

Botamos toda a mañá baixando trialeiras e facendo pequenos remontes para aproveitar outras trialeiras doutras zonas. O monte estaba moi seco e propicio para divertirse baixando. Durante as baixadas houbo de todo. Houbo algúns que tiveron que baixar bastantes tramos a pe, houbo algunha caída pero o que máis houbo foi moita diversión. Foi unha saída que houbesen disfrutado Apa, Xocas ou a Jose de Tui.

Tentarei por o track do GPS pero queda un pouco enmarañado con tanta subida e baixada polas mismas zonas do monte. Polo menos quedaron rexistradas as trialeras que collemos.







14 de diciembre de 2008

Video da salida deste domingo polo Torroso e o Tecla por cortesía de Rapososín

O noso compañeiro raposo fíxonos un video moi moi currado coas imaxes e videos grabados este domingo. Non ten desperdicio. A verdade é que visto no video as costas abaixo parecen menos duras do que son e os baches parecen máis pequenos. Ainda así as baixadas quedan moi resultonas.

O video está no blog do compañeiro raposo : http://rapososin.wordpress.com