24 de noviembre de 2008

Saída do 16 de novembro, romería de San Martiño

A ruta do domingo 16 de novembro foi do máis divertida e variada. Coincidindo coa romería de San Martiño subimos ata esa zona na bicicleta. A subida foi pola pista de sempre pero esta vez tivemos compañía de multitude de xente que subía hacia a capela de San Martiño a pé, en coche, en quad etc.

Estivemos un ratiño pequeno na capela de San Martiño onde xa había bastante ambiente. Logo fomos ata o muiño do irmán do Apa, onde puidemos disfrutar din viñino tinto da zona, dunha llota con pán fresquiño e unhas lapas. Esta vez fixemos un descanso como ten que ser, nada de mueslis nin mariconadas desas.

Despois do merecido descanso e de comer e beber abundantemente (a botella de viño quedou vacía), retomamos a baixada. O máis complicado foi a baixada desde o mirador dos muiños do folón ata os do picón por un camiño todo cheo de pedras redondeadas e húmedas. Ainda así as caídas foron poucas. O resto do camiño transcurriu con normalidade se exceptuamos que esta vez algúns dos membros baixaban cantando e tarareando, seguramente causa da botelliña de viño que achicamos no monte. Xa no final o Xocas rebentou o eixo do pedalier e tivemos que empuxalo e remolcalo ata casa. Sen dúbida unha rutiña que hai que repetir en próximos anos.

Ver a ruta en detalle

No hay comentarios: