10 de noviembre de 2008

Saída do 9 de outubro

A ruta do domingo pasado non a publiquei para que non teña ninguén a tentación repetila ao vela publicada...porque seguramente cando estivera no medio dos toxos acordaríase de toda a miña familia jeje.

Pero a deste domingo xa é outra cousa. Tocou sesión maratón con 38 kilómetros sen demasiados desniveles xa que éramos pouquiños (Jose, Jose L, Sergios, Luis e Xocas) e chovía.

Subimos ata o Niño do Corvo pola carreteira. Moi empinado pero sen moita complicación. De alí collemos un par de trialeiras e rodamos hacia Tomiño. Acabamos baixando ata chegar aos muiños que hai en Sanomedio (Vilachán, Tomiño). Aínda que algún estivo tentado de abandoar o grupo ;-) seguimos todos por Estás ata chegar ó río Miño. Voltamos todo pola orilla (con parada no forte de Goián incluida) ata chegar a casa. Como había presa tocou bastante asfalto e a toda velocidade.

Pincha aquí para ver a ruta en detalle

No hay comentarios: